top of page

Equipo de traballo

O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) foi creado en 1943 como un centro de investigación propio do CSIC. Dende o ano 2000 é un centro de carácter mixto, ou de titularidade compartida, do CSIC e da Xunta de Galicia.

 

Ao longo da segunda metade do século pasado, o seu campo de actuación abarcou as distintas disciplinas humanísticas, con referencia sempre a Galicia, destacando o seu labor no desenvolvemento de proxectos de investigación, así como na promoción e dinamización cultural. Na actualidade, as súas actividades concéntranse no ámbito da Historia, dende a Idade Media á Contemporánea, destacando entre as súas principais liñas de investigación os estudos sobre o parentesco e as redes de poder na Idade Media, as fontes diplomáticas, epigráficas e heráldicas, ou o fenómeno das peregrinacións.

Ao longo da década dos noventa do século pasado, o IEGPS puxo en marcha diversos proxectos destinados á conformación do "Inventario documental e gráfico das fortalezas medievais de Galicia"

Este proxecto de divulgación, que engloba unha exposición, esta páxina web, un concurso de debuxo escolar e varios talleres de heráldica en diferentes concellos ligados a diferentes fortalezas, torres e castelos, foi realizado no marco da celebración da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía do CSIC e contou co financiamento de Turismo de Galicia (Xunta de Galicia). Así mesmo, o concurso de debuxo e os talleres escolares do 2021 contaron coa co-financiamento da FECYT. E enmárcase dentro do proxecto de investigación "La casa señorial en Galicia (siglos XIII-XVI). Materiales para su estudio" (HAR2017-82480-P), financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, a Agencia Estatal de Investigación (AEI) e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e cuxo IP é o Dr. Pablo S. Otero Piñeyro Maseda.

Esta actividade contou coa colaboración de diversas entidades públicas e privadas, ás que agradecemos as facilidades ofrecidas e das que proceden boa parte dos fondos fotográficos e planimetrías empregadas e/ou consultadas: Arquivo de Galicia (AG), Archivo Ducal de Alba (ADA), Arquivo Histórico Provincial de Lugo (AHPL), Bildarchiv Foto Marburg, Concello de Castro Caldelas, Concello de Monforte de Lemos, Concello de Alfoz, Fondo fotográfico da Filmoteca de Galicia (CGAI), Instituto del Patrimonio Cultural de España (IPCE), o Arquivo fotográfico da Real Academia Galega de Belas Artes (Fondo Manuel Chamoso Lamas), e a Real Academia Galega (RAG). Tamén agradecemos a axuda e a colaboración prestadas por parte dos centros educativos que participaron nas actividades propostas (concurso de debuxo e talleres), os concellos involucrados (Castro Caldelas, Monforte de Lemos, Castrodouro e Xinzo de Limia) e outras persoas como Sonia Mandiá Álvarez e Ricardo Pichel, nas primeiras edicións, ou Fernando Dopico Blanco, na referida á Limia, terra de torres. Finalmente, a breve peza audiovisual que acompañou a exposición de "Os nosos castelos da Ribeira Sacra" correu a cargo de David Silva Fernández, mentres que para as exposicións de Castro de Ouro e da Limia, os proxectos audiovisuais foron da autoría de Jaime Pardo Valdés e a empresa Imaxina.

Enderezo electrónico

Enderezo postal

Rúa San Roque, 2

15704, Santiago de Compostela (A Coruña)

Séguenos

  • 1. Sello Sarmiento color institucional
  • Twitter
bottom of page