top of page

Teresa de Ribadeneira (III)

Teresa de Ribadeneira (III) foi filla de Fernán Díaz de Ribadeneira (III), señor de Torés e quen testou en 1461, e da primeira muller deste, Constanza Méndez. Deste matrimonio naceu tamén Constanza López de Navia, quen deixou uns bens en Mondoñedo ao seu sobriño Bernaldo de Bolaño, fillo do seu medio irmán Pedro [Fernández de Bolaño] de Bolaño. De feito, do segundo matrimonio do seu pai con Maior de Vaamonde, naceron os seus medios irmás Pedro [Fernández] de Bolaño, ao que nos acabamos de referir e que herdou o señorío de Torés, Fernán Díaz de Ribadeneira (V), quen levou os coutos de Riosendo, Laiosa e Cindrán, Martín Vázquez de Vaamonde, cóengo de Mondoñedo, María de Bolaño, señora dos coutos de Riomol, Mirandela e Fonteita, e outra Teresa de Ribadeneira (IV), quen casou con Vasco Gómez das Seixas (III), señor de San Paio. Casou con Macía Pérez de Ibias, fillo de Sancho López de Ron, do que tivo sucesión.

A través do testamento do seu pai (1461) sabemos que herdou o couto de Cerdido e que, no caso de morrer sen herdeiros, estes bens pasarían a María de Bolaño, a súa medio irmá.

bottom of page