top of page
O Castro de Ouro e o mariscal Pedro Pardo de Cela
Do 25 de novembro ao 22 de decembro do 2022 estará aberta no Castelo de Castro de Ouro a exposición "O Castro de Ouro e o mariscal Pedro Pardo de Cela", que, posteriormente, poderá visitarse en Santiago de Compostela do 12 de xaneiro ao 10 de febreiro do 2023 na sede do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (Antigo Hospital de San Roque, 2).
Visita a exposición
O público que visite a exposición poderá achegarse non só ao Castelo de Castro de Ouro, senón tamén á figura do mariscal Pedro Pardo de Cela. Historia, lenda e mito rodean esta figura, que nos leva á Galicia norteña de finais da Idade Media.
bottom of page