top of page

Teresa Rodríguez de Aguiar (II)

Filla de Juan Núñez Pardo de Cela, tamén chamado da Maía, comendeiro de Mondoñedo (fillo de Juan Núñez Pardo, xurado de Betanzos, e de dona Elvira Ares de Montenegro, a súa muller) e de dona Constanza López de Aguiar (filla de Rodrigo Ares de Saavedra e de dona Teresa Rodríguez de Aguiar). Os seus irmáns foron Juan Núñez Pardo de Cela, alcaide de Viveiro por Gómez Pérez das Mariñas, que morreu na serra de Cambás en 1480, o mariscal Pedro Pardo de Cela, y dona Mayor Parda, quen casou con Juan Fernández de Cabarcos, señor de Canedo e Cabarcos [1]. 

Esta dona Teresa Rodríguez de Aguiar casou en primeiras nupcias con Alonso López de Saavedra (fillo de Alonso Díaz de Xermar, chamado el Empozado, e de dona Constanza López de Saavedra, filla non lexítima de Rodrigo Alonso de Saavedra). Casou despois con Diego Sánchez de Ribadeneira (fillo de Fernán Díaz de Ribadeneira, que foi recompensado polo conde don Pedro no ano 1372, e dunha dona Berenguela López, cuxa liñaxe non foi posible identificar). Do seu primeiro matrimonio, dona Teresa Rodríguez de Aguiar  tivo por filla unha nova dona Constanza López de Saavedra, que foi muller de Ares Vázquez de Parga, herdeiro da Casa de Vaamonde (fillo de Vasco de Parga e de dona Mayor de Vaamonde), pais do desfortunado Fernán Ares de Saavedra. Do seu segundo matrimonio, a devandita dona Teresa tivo tres fillos: o mariscal Álvaro González de Ribadeneira, señor da Barreira, que casou con dona María de Bolaño (filla de Pedro de Miranda, señor da Casa do Renegado, e de dona Inés de Bolaño), Ruy González de Ribadeneira, testamenteiro do mariscal Pedro Pardo de Cela, que casou con dona María Sarmiento de Sotomayor (filla de García Sarmiento, II conde de Santa Marta), e posiblemente doña Violante de Ribadeneira, que casó finalmente con Juan de Losada o Vello, meiriño de Caldelas [2].

No ano 1478 o bispo de Lugo aforou a esta dona Teresa e  ao seu segundo marido, Diego Sánchez, durante as súas vidas, dúas partes do couto de Oleiros, máis os casais de Pacios, Quintela e Vilar, entre otros bens [3]. Nos anos posteriores á execución do mariscal Pedro Pardo de Cela, dona Teresa e o seu fillo Ruy González de Ribadeneira reclamaron algúns dos bens que lle foron confiscados a aquel.

--

[1] Véxase, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, O mariscal Pedro Pardo de Cela, a súa liñaxe e a súa parentela, tríptico conmemorativo da exposición “O Castro de Ouro e o mariscal Pedro Pardo de Cela”, Santiago de Compostela, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, 2022.

[2] Ibidem.

[3] Portela Silva, María José, Documentos da catedral de Lugo século XV, Santiago de Compostela,  Consello da Cultura Galega, 1998, páxs. 438-440.

bottom of page