top of page

Fernán Díaz de Ribadeneira (I)

Fernán Díaz de Ribadeneira (I) foi fillo de Gonzalo Sánchez de Ribadeneira, personaxe documentado en varios foros entre 1322 e 1331, e dunha Maior López. Do seu matrimonio con Berenguela López, quen outorgou o seu testamento en 1421, dispoñendo o seu enterramento na conventual de San Francisco de Lugo, naceron Diego Sánchez de Ribadeneira, quen casou con Teresa Rodríguez de Aguiar, e Teresa de Ribadeneira (I), soterrada en Santo Domingo de Lugo, e quen estivo casada con Álvaro González de Sarria, cuxo testamento data de 1433 e foi soterrado no mosteiro da Magdalena de Sarria.

​

Documentalmente sabemos que en 1372 recibiu unha mercé do conde don Pedro, que en 1381 recibiu un foro do Bispo de Lugo co couto de Oleiros e que, en 1390, comprou algunhas herdades en Santa María de Vilar a Roi Martínez de Serra e a Afonso Rodríguez. Foi sepultado en Santo Domingo de Lugo.

bottom of page