top of page
Luís das Seixas (I)
Luís das Seixas (I) foi fillo de Fernán Gómez das Seixas (III), escudeiro que foi señor de Chantada, e de Leonor González de Parga. Os seus irmáns foron Vasco Gómez das Seixas (III), meiriño de Lope Sánchez de Ulloa, Fernán Gómez das Seixas (IV), quen recibiu en foro a casa e torre de San Martiño dos Condes e testou en 1513, Pedro das Seixas e, posiblemente, Teresa das Seixas, quen estivo casada con Pedro Ares de Prado.
A través dunha manda testamentaria, outorgada en 1462 “dentro enna casa de San Payo”, sabemos que Luís deixou todos os seus bens ao seu irmán Vasco Gómez das Seixas (III) coa condición de “de me manteer e vestir honestamente, e me dar algúns dineiros para meus gastos”.
bottom of page